Monday 13 de May de 2024

Recepción ao histórico Club Baloncesto Frinsa Riveira na Casa do Concello


O Club Baloncesto Frinsa Riveira que fixo historia fai 25 anos disputando a fase de ascenso á liga EBA está a visitar o noso municipio para celebrar esta efeméride e con tal motivo foi recibido hoxe na Casa do Concello polo alcalde Manuel Ruiz.

Antes do evento oficial, os membros do club quixeron estar na praza do Concello e “darse un homenaxe” cun trompetista que tocou varias pezas para a ocasión ante a mirada dos numerosos veciños e visitantes que estaban neste espazo con motivo dos eventos da Noite Aberta, ademais dos integrantes do actual Club Baloncesto Riveira que quixeron acompañalos.

Xa no solemne salón de actos se deu paso aos discursos. Abriu o alcalde —en aquel entón concelleiro de Deportes— que destacou o pulo dun club que foi quen de rachar unha dinámica na que o fútbol era case o único deporte que se practicaba.

Tamén ofreceu unhas emotivas palabras Fernando Pazo, capitán do equipo, quen subliñou a actitude e o compromiso como os dous piares sobre o que se sostivo o proxecto baloncestístico. E tamén falou o adestrador Tino Fernández, hoxe presidente do Deportivo da Coruña, quen salientou os grandes recordos que ten daquela época tal e como tivo ocasión de manifestar no 2015 cando foi pregoeiro das festas de verán.

O acto finalizou cun intercambio de obsequios.